O segundo Tek-Fest investigará a relación entre tecnoloxía e patrimonio

Pontevedra acolle o encontro de cultura dixital entre o 25 e o 30 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:
O segundo Tek-Fest investigará a relación entre tecnoloxía e patrimonio

Servir de ponte entre institucións e cidadanía "para democratizar os recursos máis avanzados da cultura do século XXI, como a fabricación dixital, os mundos virtuais ou o patrimonio tecnolóxico". Este é o obxectivo co que se presentaba o pasado venres a segunda edición do Tek-Fest, o encontro de cultura dixital que se vai celebrar en Pontevedra do 25 ao 30 de setembro. Centrado na relación entre novas tecnoloxías e patrimonio cultural, o programa inclúe obradoiros sobre a aplicación de realidade virtual á recuperación de fotografías antigas, un sobre a creación de superficies e tecidos ou unha mostra de contivos internacionais de realidade virtual. Ademais, faraxe unha homenaxe a inventores do século XX como os irmáns Portela Seijo e reconstruirase o Organ Sound, sistema de sonido inventado por eles, co que se realizará unha acción sonora pola cidade. A organización anuncia máis novidades no programa para vindeiras datas.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tecnoloxía, Pontevedra

Claves

Conceptos
Lugares