Cultura avanza a programación do Ano Europeo do Patrimonio

Dedicará cada mes a unha temática

23/1/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O conselleiro de Cultura presentou hoxe á mañá un avance da programación que a Xunta está a deseñar para conmemorar o Ano Europeo do Patrimonio Cultural. Entre as accións que adiantou, está o de centrar cada mes nun ámbito distinto do patrimonio. Xaneiro céntrase no patrimonio documental e bibliográfico, febreiro na Ribeira Sacra, marzo no patrimonio catedralicio e monástico, abril na candidatura a Patrimonio da Humanidade das Illas Cíes-Parque Nacional Illas Atlánticas, maio na arqueoloxía e xuño nos Camiños de Santiago. Xullo será o mes da cultura popular, agosto o do patrimonio artístico, setembro dedicarase a afondar na relación entre patrimonio e xuventude e outubro a explorar a fusión entre patrimonio cultural e dixital, centrándose no patrimonio dixital. Román Rodríguez estimou en trescentos actos os que realizará a Xunta de Galicia neste ámbito e adiantou que a mediados de ano se realizará un "gran Encontro da Cultura popular galega" na Cidade da Cultura.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Román Rodríguez, Documental, Xuventude, Arqueoloxía...