Comezou coa idea de replicar a Gran Enciclopedia Asturiana e crear un produto sobre o mundo máis achegado aos lectores galegos. A intención era se facer un oco non só en institucións e espazos culturais, senón nas casas familiares. No entanto, o proceso de elaboración da Gran Enciclopedia Gallega rebordou con moitos calquera plan predefinido. O xeito de traballo e o entusiasmo dos colaboradores explica en boa medida a transformación en texto de referencia deste proxecto.
Algo que pode sorprender nestes días de perenne crise editorial é o feito de que un proxecto da magnitude da Gran Enciclopedia Gallega nacese como unha iniciativa nitidamente privada e carente que calquera apoio público ou patrocinio. Alá por 1972 o editor xixonés Silverio Cañada estaba a vivir o éxito da súa Gran Enciclopedia Asturiana e apostou por repetir a iniciativa no noso país, a integrar o rendemento económico co interese pola cultura. Deste xeito, foi en Xixón que se puxeron as bases dun proxecto que superaría con moito as perspectivas iniciais. A investigación Gran Enciclopedia Gallega (1974-1991). La forja de una identidad que coordinou Christine Rivalan Guégo na Universidade de Rennes 2-Haute Bretagne achéganos ao proceso de elaboración desta magna obra.
Desbordamento
A intención era crear unha serie de entradas que explicasen o país, a súa historia, xeografía e cultura, o que xa de por si era naquel momento un proxecto pioneiro. Ademais o proxecto prestou unha especial atención a recoller todo tipo de parroquias, concellos e topónimos, de xeito que os lectores puidesen atopar definido nun libro o lugar no que vivían, algo que polo de entón tamén resultaba inédito. Mais, alén destes contidos, o proxecto foi rebordando os obxectivos iniciais. E tanto medrou, que dos 15 tomos iniciais previstos, chegouse a 30 e dous máis de apéndices que finalizaron a súa publicación en 1991. A posteriori, aínda quedou un legado na forma de dezaseis volumes de novos apéndices da man da editora Novos Vieiros, xa desligada do equipo orixinal, e mais a versión actualizada e en galego que fixo o grupo El Progreso no comezo deste século e que contou con 44 tomos.
Lexitimidadade
Na busca dunha lexitimidade para o proxecto, Silverio Cañada fichou como director, aínda que só o fose de nome, a Ramón Otero Pedrayo. Canda a el, un triplete de coordinadores, formado por Francisco Fernández del Riego, Basilio Losada e Xesús Alonso Montero, pretendían servir como enganche real coa intelectualidade do país e os colaboradores. Por baixo deles se situaba o equipo real de redacción e de coordinación. Perfecto Conde foi o primeiro coordinador, a quen seguiu no labor Arturo Reguera e finalmente Xosé Ramón Fandiño. No entanto, tal e como recoñecía o propio Alonso Montero na presentación da investigación sobre a Enciclopedia, por riba destes coordinadores "realmente non houbo equipo de dirección. Desde logo non foi director Otero Pedrayo, e el mesmo o recoñeceu no día en que presentou o proxecto. Do equipo de dirección, se nos reunimos os tres unha vez foi o máximo, pero non teño a imaxe de nos xuntar nunha mesa". Segundo lembraba Xosé Ramón Fandiño, o máis lonxevo coordinador do equipo de redacción, "Alonso Montero foi o máis comprometido, por non dicir o único activo, dos membros deste comité", e tal e como o propio filólogo recoñeceu, "poida que ao comezo eu fose o que estivese máis enriba das voces e dos autores, ou do deseño intelectual dalgúns temas".
Coordinadores atrapados
Perfecto Conde, o primeiro dos coordinadores, lembraba na presentación dese estudo que a Gran Enciclopedia "comezou cun proxecto moi estruturado e fechado que era o da Enciclopedia Asturiana. Silverio Cañada quería facer algo igual, saíralle moi ben, e tivera moi boa acollida". No entanto, o alcance da iniciativa medrou enormemente, e o propio equipo de redacción foi responsable desta diferenza. Como exemplo, Conde apunta que "na enciclopedia asturiana as voces máis longas son moito máis curtas do que na galega". "Nós desde o comezo vivimos unha loita con el, sentiámonos atrapados nese esquema, parecíanos que a cultura galega precisaba doutro xeito de facer as cousas. Ao final gañamos, e ata Cañada nos recoñeceu que desde que se comezaron a publicar voces máis extensas e máis fondas, a Enciclopedia gañou por mérito propio un estatus de obra seria e ben feita", lembra o antigo coordinador. Ademais deles, e segundo lembraba Fandiño na presentación da nova investigación, "había un equipo de redacción e de maquetación que tiña a Xesús Rábade e aXosé mariño como xefes de redacción, Asunción Vieites como secretaria técnica e Xosé Luís Vázquez como ilustrador e maquetista". Ademais o proxecto contaba coas ilustracións do pintor Virxilio para as letras capitulares.
Éxito comercial
Malia a non se axustar ás premisas de partida e incrementar a súa magnitude, a Enciclopedia mantívose como un enorme éxito comercial. Un importante equipo de axentes cunha ampla experiencia foron os responsables de artellar esta venda, única no panorama editorial galego. A subscrición e a venda por fascículos, que despois se encadernaban, facilitou a adquisición desta obra monumental por familias particulares. Segundo explica Rivalan, "a forza dos vendedores que levaron a Gran Enciclopedia por toda Galicia era enorme. Ían de casa en casa e facían un grande traballo para convencer a xente. Para alén da empresa científica, a obra tamén respondía a unha necesidade, que levou a todas centros educativos ou universidades a mercala". Pola súa banda, Fandiño explicaba que "os axentes de venda chegaban a escolas, colexios, bibliotecas, facultades ou institucións para ofertar a Enciclopedia en cómodos prazos mensuais. Eles fixeron posible a difusión da obra, ata o punto de que hoxe é impensable unha biblioteca galega na que falten estes tomos, que resisten con solvencia o paso do tempo". O total de 20.000 coleccións vendidas, segundo os datos da empresa, ratifican o traballo deste equipo. "Foi un fenómeno editorial que veu encher un baleiro de información básica sobre Galicia naqueles anos", completa o antigo coordinador. O prezo de subscrición á obra supuña un total de 9.900 pesetas da época.
O debate da lingua
A tensión entre o aspecto máis comercial e o interese académico da obra deixouse ver de xeito particular na elección da lingua vehicular das entradas. A elección final polo castelán respondeu á idea do editor de que a aposta polo galego podería dificultar a comercialización dos fascículos. Segundo recolle a investigación do equipo francés factores como o temor á censura, a existencia dun público escaso de lectores en galego e ausencia de normas ortográficas comúns para os redactores influíron na decisión do editor. Para Reguera esa polémica " ao comezo que fixo que moitos o considerasen como un proxecto unicamente comercial e sen categoría intelectual, pero finalmente conseguiu o recoñecemento da sociedade galega".
Colaboracións
A ampla nómina de colaboradores que participou no proxecto conseguiu aglutinar unha boa parte dos investigadores máis destacados as universidades, eruditos en diferentes ámbitos e especialistas de entidades como o Instituto Padre Sarmiento, o Laboratorio Xeolóxico de Laxe e diferentes museos. Do mesmo xeito, os autores da investigación apuntan a ampla presenza de membros da Real Academia entre os redactores das entradas. Tal e como explicaba Alonso Montero na presentación da investigación que publica Trea, "os diferentes coordinadores tiñan, por xeración ou afinidade moi boa relación cos que daquela eran profesores novos da Facultade de Filoloxía. Entón hai aí artigos escritos polos que hoxe son grandes espadas neste campo. E o mesmo aconteceu en ámbitos como a historia ou, de xeito especial en arte. Mesmo sen haber moita dirección e sen criterios moi coordinados, ao final a obra recolle voces que poderían estar na enciclopedia mellor dirixida", asegura.
Equipo
Deste xeito, o traballo colectivo e en boa medida voluntarioso foi fundamental no xeito en que se elaborou a obra. Fandiño lembra que o proxecto acadou a súa dimensión final "grazas á colaboración da totalidade de intelectuais e investigadores do momento e mais a un corpo de redacción que suplía a falta de medios coa ilusión de poder conseguir que a obra fose un ideal da expresión total de Galicia". Neste equipo de traballo, malia ás inevitables mudanzas que se deron ao longo de todo o período de elaboración, Villares destaca na súa introdución ao libro de Trea que "algunhas das pautas iniciais mantivéronse de xeito permanente". Entre estas destaca o equilibrio entre "o grupo que comandaba a redacción e os colaboradores externos, o coidado gráfico e estético dos fascículos, a vontade de compendiar a maior cantidade de datos e saberes sobre Galicia e, naturalmente, o claro compromiso coa cultura galega e co seu futuro".
Centro cultural
Desde os primeiros contactos, no 72, ata o lanzamento do último fascículo, en 1991, foron case 20 anos de traballo. Nese tempo, a oficina da compostelá Rúa de Vilar onde se elaboraba o compendio converteuse nun auténtico espazo referencial para a cultura do país. Así, Fandiño lembra que o local "era un frenético buligar, un espazo de sociabilidade con constantes visitas dos colaboradores para revisar e programar as súas achegas e valorar os datos que se ían concretando coa publicación de cada fascículo e de cada tomo". Coincide nesta apreciación Villares, que na súa introdución ao traballo coordinado por Rivalan, apunta que a redacción "actuou moitas veces de centro de discusión e, desde logo, como un lugar de sociabilidade cultural no centro de Santiago de Compostela". Os froitos daqueles encontros e esforzos están aínda dispoñibles nos andeis de medio país.