A Gran Enciclopedia Gallega, obra presente en grande parte das casas do país, naceu como un proxecto fundamentalmente comercial, co obxectivo de desenvolver unha obra pioneira que se puidese vender de xeito masivo. No entanto, o proxecto medrou e acabouse transformando nun auténtico referente académico e cultural. As súas páxinas definiron un xeito concreto de ollar Galicia e os seus habitantes que deixou pegada ata os nosos días.
A editora asturiana Trea publicaba hai agora case un ano Gran Enciclopedia Gallega (1974-1991). La forja de una identidad. Este volume recolle o traballo dun grupo de investigadores da Universidade de Rennes 2Haute Bretagne que repasaron, coordinados por Christine Rivalan Guégo, os contidos desta obra monumental para analizar en que xeitos a identidade do país se viu codificada nos fascículos que, mes a mes, foron ocupando os andeis de moitas casas galegas. Este equipo, con nomes como Jean-François Botrel e Philippe Castellano, desenvolveu durante anos un intenso traballo que incluíu peneiras das páxinas, entrevistas con coordinadores e redactores e unha complexa análise da intrahistoria da elaboración do proxecto. O grupo realizou unha detida lectura da obra, repasou a cronoloxía da súa elaboración e elaborou finalmente un traballo no que fan un repaso de cómo se ve o noso país a través das súas máis de 7.680 páxinas (sen contar os apéndices).
Transcender o proxecto
No transcurso do seu traballo descubriron que este proxecto, que propiciou o editor xixonés Silverio Cañada no ronsel da Gran Enciclopedia Asturiana, superou con moito os seus obxectivos iniciais, tanto en tamaño como en alcance. A nova investigación interpreta este compendio da nosa realidade como un elemento que contribuíu a codificar a identidade galega no final do século XX, tanto en ámbitos académicos como populares. Ademais, supuxo un impulso fundamental ao coñecemento sobre o noso país e reflectiu en boa medida as mudanzas do período no que se elaborou. Segundo defenden no seu estudo, mesmo contribuíu a forxar un imaxinario identitario particular que continúa a atopar eco na actualidade.
Tendencias
Para alén de aspectos concretos que se poden tirar dos seus contidos, o equipo identificou algunhas tendencias xerais neste magno traballo. Tal e como sinala Christine Rivalan, "o coidado estético e gráfico desta enciclopedia é unha constante destacada da obra. Tamén o impacto das circunstancias históricas se materializaba nunha construción colectiva que lexitimaba o orgullo de ser galego", lembra. Ao comezar a análise "impresionounos a suma recollida en todos os dominios, con colaboracións dos maiores especialistas da época. Houbo un importante labor de preparación, de contactos e de selección de entradas e de fotos".
Integración
Unha das peculiaridades daquel dicionario, segundo lembra, foi a vontade de recoller todo tipo de elementos que se puidesen vencellar ao noso país. Deste xeito, os volumes inclúen nas súas entradas persoeiros que, a priori, semellan pouco relacionados coa nosa realidade. "Un descubrimento asombroso para nós foron as páxinas sobre Lorca", que aparece recollido polo seu carácter de autor na nosa lingua cos seus Seis poemas galegos. "En principio non agardabamos que fose aparecer, pero a partir deste caso tan rechamante puidemos entrar neste importante aspecto da obra, a súa capacidade integradora". De xeito similar, segundo lembrou na presentación desta investigación Xesús Alonso Montero, membro do equipo coordinador da Enciclopedia, tamén se poden atopar entradas sobre Azaña, "que participou nun tribunal en Galicia", o pai de Antonio Machado, nado accidentalmente no noso país, ou Leopoldo Alas "Clarín", que viviu durante uns meses en Pontevedra.
Ausencias
Canda a esta vontade integradora, tamén aparecen no compendio ausencias rechamantes. No entanto, para Rivalan "trátase de esquecementos, pero non de exclusións". Nese sentido, apunta que "por exemplo chama moito atención a escasa presenza das mulleres" cos contidos, pero ao seu ver "iso ten máis que ver coa sensibilidade actual, e non se daba en 1974 cando comezou o proxecto. Tamén os grupos de profesores e investigadores que fixeron a redacción tiñan unha presenza feminina moi escasa", explica. Pola súa banda, Alonso Montero, vencellado ao proxecto desde os seus comezos, lembrou como exemplo de ausencias ou discriminacións o tratamento polo miúdo que a Enciclopedia fixo da figura de Castelao e das súas obras fronte á máis breve entrada que se lle dedica a Rosalía de Castro, que non ten voces individualizadas dos seus traballos.
Reflexo dunha época
Non cabe dúbida que a obra, de xeito indirecto, "reflicte a situación de Galicia naqueles anos", lembra a coordinadora da investigación. Segundo apunta o equipo investigador na introdución á súa análise "baixo a aparencia científica e neutra da forma enciclopédica, hai na GEG un proxecto autenticamente político" que, no entanto, muda ao longo de todo o proceso de elaboración. A transición política, o peso das diferentes correntes de oposición ao franquismo ou a construción da autonomía deixaron a súa pegada nos contidos. Como exemplo, segundo aseguraba Alonso Montero na presentación dese traballo, que se realizou na sede do Consello da Cultura Galega, "eu asegureime de que aparecesen entradas como a de Santiago Álvarez Gómez, a sinalar que era dirixente do Partido Comunista", unha formación na que el mesmo militaba e pola que tamén pasaron tamén diferentes coordinadores e colaboradores da obra. Tal e como sinalaba o presidente do Consello da Cultura Galega Ramón Villares na presentación do traballo de Rivalan, na Enciclopedia "hai unha ollada que oscila entre posicións máis achegadas á esquerda estatal e ao novo nacionalismo emerxente" que por aquel entón, segundo lembra,"estaba a ter unha capacidade de mobilización crecente e competía co propio partido Comunista e outros partidos de esquerda". Deste xeito, as diferentes perspectivas se foron combinando na obra ao longo do tempo. Como resumo, Villares asegura que a Gran Enciclopedia Galega "pódese considerar como un monumento histórico, non de pedra mais de papel, que representa unha cosmovisión determinada nun momento concreto".