As pinturas de Moraime a piques de ser restauradas

Cultura adxudica o contrato para a súa recuperación

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Por un importe de máis de 38.000 euros (máis impostos) con cargo aos fondos FEDER, Cultura adxudicou o contrato para restaurar as pinturas do antigo mosteiro de san Xián de Moraime. A restauración, moi demandada por colectivos e entidades da Costa da Morte, consistirá na limpeza da superficie, aplicación de tratamentos contra o biodeterioro, consolidación do soporte e reintegración da policromía. As áreas para restaurar é a zona mural de representación dos pecados capitais. As obras durarán cinco meses.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feder, Morte, Costa da Morte

Claves

Conceptos
Lugares