350.000 euros para restaurar a igrexa de San Francisco de Betanzos

A Xunta adxudica as obras de recuperación do templo e convento

17/6/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
39 lecturas | Compartido 0 veces

A igrexa e convento de San Francisco de Betanzos, declarados Ben de Interese Cultural, serán obxecto dunha restauración orientada a diversas reparacións derivadas do paso do tempo, centradas sobre todo na protección fronte a humidade e as augas, na limpeza vexetal e en reparacións importantes nas cubertas. A Xunta adxudicou as obras e estableceu un prazo de catro meses para a súa execución, por un importe de 350.000 euros. A igrexa é un destacado exemplo do gótico galego. Foi edificada a mediados do século XIV baixo a promoción de Fernán Peres de Andrade, o Boo, que se atopa enterrado no seu interior nun famoso monumento funerario. Declarouse Monumento Nacional en 1919.

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Betanzos, Ben de Interese Cultural

Claves

Lugares