A Xunta comeza a tramitación da nova Lei de Espectáculos

O novo texto afectará a cuestións como o aforo e a seguridade dos eventos

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:

O Consello da Xunta aprobaba onte o Proxecto de lei de espectáculos públicos e actividades recreativas, un novo texto que afectará á celebración de grandes eventos, verbenas ou festivais, tanto en establecementos abertos ao público como ao aire libre, entre outras actividades culturais. Co obxectivo de favorecer a seguridade neste tipo de iniciativas, a Lei prevé un incremento ata os 600.000 eruos das sancións por superar aforos, a necesidade de contar con seguros para a celebración de verbenas ou un plan de inspeccións. Os concellos pasarán a contar con competencias para modificar os horarios deste tipo de actividades, e regularase o dereito de admisión para evitar discriminacións. A Xunta asegura que con este texto pretende regular "a protección dos menores, a defensa dos consumidores, o respecto polo medio ambiente, a loita contra actitudes discriminatorias e a conservación do noso patrimonio histórico-artístico e cultural".

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A música ten Dereito(s)

A música ten Dereito(s)

A Lei de Espectáculos entra en vixencia hoxe con dúbidas sobre cal será o seu impacto na actividade musical

Universos

Claves