O primeiro Consello da Xunta celebrado neste mes de agosto aprobou o proxecto de decreto que regula a comisión de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia contemplada na recente e polémica Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia. A comisión terá entre outras funcións a de resolver as interpretacións da lei cando existan dúbidas ou controversias na súa aplicación por parte dos concellos.
Segundo este decreto aprobado, o organismo estará composto por unha presidencia, unha vicepresidencia e quince vogalÃas, das cales 7 serán en representación da Administración autonómica, 2 da Fegamp e seis de representantes dos sectores implicados, veciños, consumidores e usuarios. De partida constituiranse pola Comisión dous grupos de traballo: o grupo de traballo do sector dos espectáculos públicos e o grupo de traballo do sector das actividades recreativas. A composición e funcionamento dos grupos de traballo determinarase pola propia comisión e formarán parte deles as diferentes entidades representativas dos dereitos e intereses dos diversos sectores e colectivos que abranguen os espectáculos públicos e as actividades recreativas. Corresponderalle aos grupos de traballo, entre outras funcións, a elaboración de propostas para o seu debate no seo da comisión. Este organismo se configura como un órgano consultivo de estudo, coordinación, seguimento e asesoramento entre as administracións autonómica e local nas materias reguladas pola Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia e ten como funcións principais, a formulación de propostas, emisión de informes que se lle soliciten sobre a interpretación, aplicación e modificación das disposicións da lei; a elaboración de recomendacións para mellorar a actuación e promover a coordinación das Administracións e a emisión de informes sobre o proxecto de orde de determinación do horario xeral de apertura e peche dos establecementos e de inicio e finalización dos espectáculos obxecto desta lei. Este é un dos pasos fundamentais solicitados por todas as partes interesadas desde a promulgación da lei e resulta necesario para a actualización do Catálogo de espectáculos públicos e de actividades recreativas e de lecer solicitado desde as asociacións de salas, de músicos e desde os propios concellos.