O último Consello de Goberno da Xunta autorizou a sinatura dun convenio coa Asociación Galega de Orquestras e a Asociación de Empresarios da Música da Verbena Galega por importe de 400.000 euros para o desenvolvemento dun mÃnimo de 50 espectáculos musicais en verbenas ou festas populares no marco da programación do Xacobeo 21-22, e das probas piloto para aplicar os protocolos de saúde e seguridade de celebración de verbenas.
As beneficiarias desta medida serán todas as orquestras con sede en Galicia asociadas ás devanditas entidades, sempre que conten cun elenco artÃstico mÃnimo de cinco músicos. A Xunta asumirá ata un 40% do custo de cada espectáculo contratado desde o pasado 15 de xuño ao abeiro desta programación, asà como todos os gastos correspondentes ás probas piloto para avaliar a aplicación a estas actuacións dos protocolos vixentes para espectáculos musicais ao aire Libre. O importe max1mo da axuda será de 4500 euros por concerto e de 45.000 por cada orquestra participante.
Manteñen a protesta
Malia este convenio e as outras liñas de axuda e subvención que a Xunta foi opresentando anteriormente, non se desmobilizou a manifestación de protesta do sector convocada en Santiago o vindeiro 24 de xullo por tres asociacións profesionais entre as que está unha das asinantes coa Xunta, a Asociación galega de Orquestras (AGO), xunto coa Asociación De Músicos E Profesionais Do Espectáculo De Galicia (AMPROEGA) e o colectivo SERFEGA (Servizos Festas Galicia). Nesta protesta os devanditos colectivos reclaman indemnizacións para todos os profesionais do sector afectados pola situación pandémica e a as restricións sanitarias.