O sector dos espectáculos, nomeadamente da música, está agora mesmo pendente das posibilidades de levar a cabo a súa actividade coa chegada do verán. O 19 de xuño realizaranse cinco probas piloto en cinco concellos diferentes para poñer a proba un modelo de protocolos de prevención que faga posibles os eventos de entre 1.000 e 10.000 persoas ao aire libre. O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, e os conselleiros de Sanidade e de Cultura, Educación e Universidade, Julio GarcÃa Comesaña e Román RodrÃguez, informaron sobre os protocolos sanitarios nos que a Xunta de Galicia está traballando con vistas de que unha mellorada situación sanitaria permita que concertos, festivais e verbenas poidan volver a celebrarse de xeito seguro con ata 1.000 asistentes de pé ou ata os 10.000 asistentes sentados en función das caracterÃsticas do recinto.
AsÃ, por unha banda estanse deseñando directrices para espectáculos con baile ao aire libre de afluencia media, con máximo de 1.000 persoas de pé, e, por outro lado, avánzase en medidas para os grandes espectáculos cunha maior afluencia de público, como concertos ou festivais de maior formato. Trátase de pautas especÃficas sobre as que a Administración autonómica traballa e que terán que estar tamén en concordancia coas que ditamine o Goberno estatal. Segundo informaron os mandatarios autonómicos, actualmente estanse a tratar diferentes aspectos como a posibilidade de consumir comida ou bebida, pero en todos os casos o uso da máscara será obrigatorio e deberán cumprirse as distancias de seguridade de, polo menos, 1,5 metros e de 5 metros entre o escenario e o público. Os asistentes terán á súa disposición dispositivos de xel hidroalcohólico ou desinfectantes nos puntos de entrada e saÃda asà como nos aseos.
Espectáculos de gran afluencia
Os espectáculos ao aire libre de grande afluencia, como grandes concertos ou festivais, poderán acadar un aforo de 5.000 asistentes e o público deberá permanecer sentado. En función das caracterÃsticas do recinto, poderá elevarse ata as 10.000 persoas, en recintos coma o Monte do Gozo. Poderanse celebrar nos concellos cunha baixa incidencia acumulada nos últimos 14 dÃas e co aforo máximo ao 50% da capacidade. Serán sempre en espazos ao aire libre, acoutados e limitados, de xeito que só se poderá acceder polos accesos autorizados. Para evitar aglomeracións, a venda e reserva de entradas realizarase por adiantado e os asentos estarán tamén preestablecidos. Ademais, realizarase un rexistro previo dos asistentes para favorecer o seguimento de posibles contactos en caso de que se detecte un positivo.
No caso dos espectáculos ao aire libre con baile de afluencia media, como as festas populares con verbenas, orquestras ou concertos con asistentes de pé, a Administración autonómica e o sector traballa nun protocolo cun aforo máximo de 1.000 persoas, aÃnda que non poderá superar o 33% da superficie do recinto, e sen contacto fÃsico entre non convivintes. O resto das medidas son compartidas cos grandes eventos.