A galería Guillermo de Osma achega a Madrid a obra Maruja Mallo

A exposición inclúe un catálogo razoado e presenta varios inéditos da pintora galega

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
A galería Guillermo de Osma achega a Madrid a obra Maruja Mallo

A galería Madrileña Guillermo de Osma comeza a súa temporada con sabor galego. Maruja Mallo. Orden y creación abría onte as súas portas a achegar unha selección de obras que inclúe cadros e documentos inéditos. Entre o material exposto, unha vintena de debuxos restaurados e ata o momento nunca amosados en público, e obras xa clásicas como Racimo de uvas, Estampa cinemática,
Mensaje del mar. Ademais, recupéranse as inéditas Estampa de 1927, e Máscaras en Diagonal de 1951, e en paradoiro descoñecido ata agora. A mostra, que permanecerá aberta ata o vindeiro 10 de novembro, serve tamén para presentar o proxecto do Catálogo Razoado da obra pictórica de Maruja Mallo, que se prevé concluír en 2018. Guillermo de Osma e Juan Pérez de Ayala, comisarios da exposición, coordinan tamén este proxecto, que se desenvolve co apoio do Premio da Fundación Arte e Mecenado da Obra Social La Caixa.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Occidente de Mallo

Occidente de Mallo

A galería About Art afonda nunha mostra a relación de Maruja Mallo na Revista de Occidente

A primeira Maruja

A primeira Maruja

A exposición máis completa de Maruja Mallo descubre novas facetas da artista

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Maruja Mallo, Galería, Madrid

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares