Un laboratorio audiovisual presenta na Coruña modelos de innovación

A iniciativa está dentro do programa Coruña Dixital

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Onte presentouse na Coruña o Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación (LAIC), un evento que ten como obxectivo converterse nun "espazo de encontro, colaboración e aprendizaxe para persoas e colectivos interesados na cultura audiovisual contemporánea". De cara aos próximos meses, sucederanse charlas e encontros, pero tamén obradoiros, impartidos por profesionais de referencia como o cineasta Miguel Ángel Rolland, o booktuber galego Sebas G. Mouret, a axencia de talento dixital 2btube, ou colectivos de creación dixital como Zemos98, Monkey Laboratory e Bermudas.land. En total será unha decena de actividades as que o LAIC programará para este outono. Sergio Lago e María Yáñez son os responsables de Coruña Dixital

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, María Yáñez

Claves

Protagonistas
Lugares