Galicia ferve este outono de cultura dixital e de encontros vencellados ás novas tecnoloxías. Encontros e foros que comezan a súa andaina como o Coruña Dixital ou o Tek-Fest de Pontevedra coinciden en poucos días coa consolidación de iniciativas como o Galicia Maker Faire. Aos poucos, comezan a se multiplicar e a abrir a novos públicos estes movementos que lle amosan á sociedade xeitos alternativos de facer. Repasamos o seu panorama na nosa serie.
Participar, aprender, crear, colaborar ou compartir coñecemento son algúns dos eixes que definen iniciativas que conectan, desde diferentes ámbitos, as novas tecnoloxías coa innovación social. Neste outono boa parte das cidades do Eixo Atlántico galego contan con cadanseu evento arredor deste tipo de propostas. Coruña Dixital, o Tek-Fest de Pontevedra e o Galicia Maker Faire, unha evolución da Mini Maker Faire Compostela do pasado ano, marcan a axenda do outono. A resumir as tendencias que se dan cita nestes encontros, Sergio Lago, coordinador de Coruña Dixital apunta que "hai determinadas prácticas culturais moi vencelladas ás novas tecnoloxías e conectadas coas lóxicas da rede nas que a xente participa, non a procurar unha oferta que consumir, senón coa idea de se xuntar e experimentar. Moitas veces o fío que conecta estas iniciativas é que son moi colaborativas e teñen tamén unha lóxica de código aberto de compartir ese coñecemento para todos poidan aprender e experimentar".
O mapa da Coruña Dixital
Encol do proxecto da Coruña Lago, sinala que "é un programa promovido pola Concellaría de Culturas, Deporte e Coñecemento que busca conectar xentes que están a traballar e desenvolver proxectos no eido da cultura dixital, e estender estas prácticas na cidade da Coruña e na sociedade en xeral". Neste sentido, unha das primeiras accións do seu equipo foi "mapear e diagnosticar a situación da cidade. Detectamos que había colectivos que levaban bastante tempo a traballar e mesmo que eran referentes a nivel galego. Está Bricolabs, o máis antigo colectivo maker do país, coa sala Domus como primeiro espazo dedicado a esta actividade con apoio institucional, ou o proxecto Escornabot no campo da robótica educativa de código aberto". Canda a eles, o Grupo de Programadores e Usuarios de Linux, a Facultade de Comunicación, colectivos de bloggers e desenvolvedores ou os encontros Betabeers Galicia fan parte do programa. Como primeiro paso, o pasado 13 de setembro desenvolveuse un encontro que "tentaba contextualizar estes movementos, coñecer exemplos prácticos e ver como se traducen estas iniciativas en aplicacións moi directas, como poden ser ferramentas para a educación ou a creación próteses mediante impresión 3D" explica o coordinador. O emprego de ferramentas da rede para crear arquivos colectivos, iniciativas de programación e laboratorios abertos ou proxectos tecnolóxicos sociocomunitarios son algunhas das cuestións que se abordaron nesta xornada.
Experimentación e creación
Logo do evento de presentación, Coruña Dixital continúa as súas propostas cunha serie de obradoiros e actividades procuran formar os asistentes ao tempo que xeran novos contidos. Así, ao longo deste outono realizaranse propostas como un Hackatiño de datos (22 e 23 de outubro), que explorará as posibilidades que achega desenvolver aplicacións de xeito colectivo nun curto espazo de tempo a partir dos datos que comunidades locais e colectivos dispoñibilizan de xeito aberto. Con este sistema téñense desenvolvido sistemas sociais para compartir bicicletas, mapas sobre accesibilidade urbana ou aplicacións que informan do emprego real que se lles dá aos impostos. Outras propostas que se inclúen no programa traballan en como crear vídeos de xeito participativo, unha introdución ao prototipado e á produción a partir de tecnoloxías libres ou nas maneiras de facilitar o acceso a arquivos audiovisuais abertos. O programa inclúe tamén un Popathon, un encontro que procura xerar narrativas sobre as cidades a partir das novas tecnoloxías. A integración de vídeos, mensaxes de redes sociais, imaxes e interactividade convídanos a coñecer os nosos contornos de xeitos diferentes e imaxinativos.
Encontro aberto
A propia filosofía do evento aposta pola colaboración e conta con diferentes colectivos e iniciativas que, a nivel local ou galego, traballan nos diferentes ámbitos. O programa inclúe dinámicas de participación para que desde a propia sociedade local se defina o futuro do proxecto. Nun primeiro encontro, tamén o pasado día 13, "buscamos un formato aberto a xogar coa idea de deseñar os proxectos que se poderían aplicar neste programa para mais adiante. A idea é xuntar intereses e mesturar perfís como a innovación 3D, o traballo dos mestres ou xente de colectivos que lles poderían dar moito uso a estas practicas para amosar o seu traballo" explica Lago.
Pensar e aprender: Tek-fest
Outra grande cita destas datas é o Tek-Fest de Pontevedra. Este Festival presenta entre o 27 de setembro e o 1 de outubro algunhas das novas tecnoloxías que poden modificar a nosa vida apoucos anos vista. Segundo resume Diego Parajó, coordinador da proposta, o evento "é basicamente un encontro. Desde o seu concepto inicial queríamos xuntar nunha cidade coma Pontevedra xente que está dedicada a temas de innovación e tecnoloxía. Sobre todo estamos orientados ao que se chama tecnoloxía de tendencia, cuestións que pode ser que agora mesmo non son as máis populares que si o serán a uns anos vista". Canda a isto, o enfoque académico e formativo é a outra característica principal deste evento internacional. "Queremos funcionar como se fose unha quedada, incidir no aspecto formativo e que a xente se xunte e poida pasar uns días tranquila a investigar algo". Como obxectivos destacados, o festival quere "crear contidos e novos espazos de valor nestes ámbitos" ao tempo que se achegan "reflexións sobre o impacto que as tecnoloxías van ter nas nosas vidas e como definirán a sociedade do futuro".
A alternativa
De cara a planificar o Tek-Fest a organización desenvolveu unha análise do tipo de eventos vencellados á tecnoloxía que existían no país. "Vimos que hai moitos diferentes, algúns para establecer redes de traballo, outros de tipo feira máis orientados a amosar estas tecnoloxías, pero non atopamos ningún que se centrase na experimentación e no traballo". Como exemplo desta liña apunta o evento Exploradores, que Toño Cabanelas, director de contidos do Tek-Fest, coordinou no marco do Festival Sinsal de 2014. "De alí saiu unha curtametraxe de realidade virtual que está a moverse por todo o mundo", explica Parajó. Do mesmo xeito, o festival de Pontevedra procura "un proceso de aprendizaxe orientado ao traballo de experimentación. Non só que alguén fale sobre unha tecnoloxía, senón experimentala, trastear e investigar as súas posibilidades". Para isto, contarán coa presenza de destacados especialistas en diferentes ámbitos, como Pedro Medina, Javier Maseda, Miguel Espada de Espada y Santacruz, José Manuel Costa, Jimena Merino ou Javier Noguerol entre outros, que abordarán desde os proxectos de cidades dixitais ata o emprego de novas tecnoloxías na educación ou na creación artística.
VR e Big Data
A aposta deste ano céntrase na realidade virtual (VR) e mais na análise de big data a través de mapas. No caso das xa famosas gafas electrónicas "trátase dunha tecnoloxía de tendencia que supón unha das grandes apostas das marcas de consumo. Nestes momentos hai unha integración de software que permite un maior desenvolvemento e fálase moito dela". Demostracións e un obradoiro de varios días que abordará xeitos de crear contidos para estes sistemas centran as actividades nesta liña. En paralelo, a importancia que ten no programa a cartografía "é unha aposta da dirección do proxecto. Agora mesmo non é algo tan masivo como a realidade virtual, non está tan presente nos medios, pero vai estoupar claramente nun par de anos e queremos facilitar o acceso". Estas ferramentas "van mudar o xeito no que se fai o xornalismo e facilitarán que nas cidades se tomen decisións en tempo real sobre temas como a xestión de residuos, a contaminación ou o tráfico".
Makers
Estes dous encontros coinciden coa celebración, os días 1 e 2 de outubro en Compostela, da Galicia Maker Faire, un grande evento no que a xente que gusta de inventar, reparar e crear trebellos de todo tipo se darán cita. O evento supón a maior expresión do noso país da cultura maker, unha serie de iniciativas que se caracterizan por apostar polo desenvolvemento, construción e modificación de tecnoloxías, en xeral a incidir no traballo en equipo e na partilla de coñecemento. Logo de conseguir máis de 18.000 visitantes na súa primeira edición como Compostela Mini Maker Faire, o evento medrou espectacularmente para súa segunda edición e presenta un ambicioso programa.
Apoios e coordinación
Unha peculiaridade destes eventos é o feito contaren con apoios importantes por parte dos respectivos concellos."Coruña Dixital é un programa que se promove directamente desde a Concellaría de Cultura e Coñecemento, onde hai un interese por explorar estas novas prácticas. Pero vemos tamén que outras propostas están tamén a conseguir moito apoio institucional e isto é moi positivo", explica Sergio Lago. En canto á coincidencia de iniciativas que se están a dar este ano, Parajó asegura que "son complementarias, e de feito estamos a traballar en contacto". Así, el mesmo ten participado en Coruña Dixital a representar o Tek-Fest. "Nos tres casos os organizadores coñecémonos, levámonos ben e tentamos ir dialogando ao longo do proceso de deseño". Como diferenzas, apunta que "Coruña Dixital están a ver que vínculos se poden dar entre diferentes comunidades vencelladas a estas cuestión na cidade mais no contorno. No Tek-Fest imos máis na liña da formación e a Maker Faire funciona como un encontro internacional de mostra que tamén permite experimentar, probar e aprender".
Ábrense as portas.