Espectáculos poéticos, videopoemas, festivais de recitados, encontros abertos cos versos como protagonistas improvisacións ou combates de vates. A poesÃa adopta, xa desde hai varios anos, novas formas en Galicia e ábrese a públicos diferentes. Repasamos algúns dos principais foros e cuestións arredor deste ámbito.
A poesÃa chega aos bares e ao pubs. Toma as rúas, sae dos libros e baixa dos escenarios. Diferentes propostas reivindican a oralidade como parte fundamental para a lÃrica e introducen, cada vez máis, este xénero na axenda cultural. Xa non se trata dun creador canonizado que recita os seus versos. Falamos de encontros pouco formais nos que participan múltiples voces, onde se propoñen xogos arredor da linguaxe ou onde a música, o vÃdeo ou o teatro se mesturan coa lÃrica. Nesa liña, en Culturagalega.gal temos repasado propostas como O Poetas da Hostia, os Picaversos ou os Slams Poéticos.
Canda a isto, manteñen a súa vixencia propostas máis convencionais, onde predomina o recitado desde o escenario, en ocasións acompañado por música, na forma de festivais e eventos centrados na poesÃa. Ponte Poética, Poetas Di(n)versos ou o Brumario Poético traballan nesta liña, mentres o Festival de PoesÃa do Condado e a Semana da PoesÃa Salvaxe de Ferrol apostan por un menú máis variado arredor dos versos.
As nosas reportaxes sobre o rexurdir da poesÃa recitada
Retorno ao recital I: Picaversos, Poetas da Hostia e Poetas Di(n)versos
Retorno ao recital II: Os Slams e o festival Polipoético
Retorno ao recital III: Os festivais
En relación á esta escenificación da poesÃa, están a aparecer tamén propostas nas que a poesÃa serve de eixe a auténticos espectáculos teatrais e multimedia. As propostas de DandyLady, AntÃa Otero, Esther F. Carrodeguas e o seu Supermarket ou o colectivo Tender a man amosan outros xeitos de achegar os versos ao público.
Os espectáculos poéticos nesta reportaxe
Dalgún xeito, a poesÃa está a se abrir a novos espazos e saÃr dos libros, cunha vontade de participar na transformación da sociedade. Precisamente está e a liña de investigación que segue Isaac Lourido na súa recente obra Libros que nom lê ninguém
O traballo de Isaac Lourido sobre a poesÃa en Galicia nesta reportaxe
Non son estes os únicos xeitos de renovación do xénero. A aposta polas novas tecnoloxÃas aplicadas á lÃrica conta xa cuns anos de cultivo en Galicia. Blog, vÃdeos, mesturas con imaxes ou mesmo apostas por álbums de poesÃa musicada amosan a múltiples vÃas polas que a arte da palabra busca o seu público.
PoesÃa e novas tecnoloxÃas (2006)
Propostas de poesÃa musicada (2009)