A coincidir coa súa décima edición, o Festival Internacional de Curtas de Bueu acaba de presentar un novo galardón. O Premio de Honra quere recoñecer a traxectoria dunha ou dun profesional de prestixio no eido cinematográfico, e comeza a súa andaina a recoñecer o traballo da actriz madrileña Nieve de Medina. A intérprete, coñecida especialmente polo seu traballo en producións como El bola, Un franco 14 pesetas, Los lunes al sol, Cuéntame ou El ministerio del tiempo é para a organización "unha das grandes actrices do cine español cuxa enorme versatilidade nos deixou excelentes interpretacións" en cine, televisión e teatro. A homenaxeada recollerá o galardón o vindeiro sábado na clausura do festival, e participará en diferentes actividades do programa ademais de ser entrevistada por Javier Gallego Crudo no programa Carne cruda que se realizará ese mesmo dÃa no Centro Social do Mar.