A Fundación Xosé Soto edita o libro co seu mapa de igrexas románicas da Ribeira Sacra

O proxecto comezou cun plano interactivo e sinala 72 templos deste estilo

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteHistoria
Compartir:
A Fundación Xosé Soto edita o libro co seu mapa de igrexas románicas da Ribeira Sacra

O templo de San Estevo de Ribas do Miño acolleu esta fin de semana a presentación dunha guía das igrexas románicas da Ribeira Sacra editada pola Fundación Xosé Soto de Fión. Setenta e dous templos románicos e outros con trazas deste estilo aparecen referenciados neste traballo de máis de duascentas páxinas que se presenta e tres linguas (castelán, galego e inglés) e que forma parte do proxecto presentado en maio polo Ecomuseo de Arxeriz da mesma fundación subindo á rede un plano interactivo que amosa a localización destes bens, o xeito de chegar e fotografías exteriores e interiores dos templos, a indicar se son totalmente románicas ou se amosan trazas deste estilo. A publicación agora en formato de libro conta co apoio da Deputación de Lugo e está asinada polo xerente da fundación, Xosé Antonio Quiroga. No acto de presentación estiveron presentes representantes da Diócese lucense da Deputación así como o Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

As igrexas agochadas

As igrexas agochadas

A Universidade de Santiago e o CSIC investigan o descoñecido patrimonio dos templos prerrománicos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ribeira Sacra, Ramón Villares, Guía, Deputación de Lugo...