Un mapa interactivo localiza as igrexas románicas da Ribeira Sacra

O Ecomuseo de Arxeriz fai público este material para divulgar este patrimonio

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Un mapa interactivo localiza as igrexas románicas da Ribeira Sacra

O Ecomuseo de Arxeriz, dependente da Fundación Xosé Soto de Fión, acaba de facer público un mapa interactivo que localiza as igrexas románicas presentes na Ribeira Sacra. O plano amosa a localización destes bens, o xeito de chegar e fotografías exteriores e interiores dos templos, a indicar se son totalmente romanicas ou se amosan trazas deste estilo. Segundo explican desde a entidade, esta publicación fai parte do proxecto de elaborar unha a guía do románico da Ribeira Sacra, e quere "axudar a divulgar este patrimonio para valorizalo, conservalo e potencialo como recurso".

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ribeira Sacra, Guía

Claves

Conceptos
Lugares