Abre en Mugardos o Centro Arqueolóxico de Caldoval

A empresa Reganosa sufragou este espazo dedicado ao deporte e aos valores termais na cultura romana

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Restos das termas de Caldoval

Restos das termas de Caldoval

Mugardos contará a partir de mañá cun novo espazo dedicado ao patrimonio romano. O Concello recibirá oficialmente na tarde deste sábado 8 de setembro o Centro Arqueolóxico de Caldoval. A instalación que sufragou a empresa Reganosa está dedicada ao deporte, o mundo termal e a saúde na cultura romana clásica, e permite coñecer os que, segundo destaca esta corporación, son os restos do "único balneario rústico con palestra escavado en Galicia, e que ademais conserva completas practicamente todas as súas estancias". Ata o vindeiro 17 de setembro as instalacións poderán coñecerse mediante visitas guiadas e estarán abertas diariamente ata o vindeiro 1 de outubro. Con posterioridade a esa data o horario quedará restrinxido a venres, sábados, domingos e festivos. A empresa cifra en tres millóns de euros o investimento neste centro.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mugardos, Arqueoloxía

Claves

Conceptos
Lugares