Os restos romanos aparecidos nos terreos de Reganosa, en Mugardos, trasladaranse para a súa conservación

Mover para conservar

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
O asentamento da época romana que se encontrou nos terreos onde se vai instalar a planta de gas da empresa Reganosa, en Mugardos, trasladarase a un novo centro de interpretación. Un acordo asinado onte entre a empresa, a Xunta e o Concello permitirá a ampliación dos terreos previstos para a fábrica a cambio de que a empresa financie a construción dun centro de interpretación arqueolóxico orzamentado en seiscentos mil euros e que se localizará no final do paseo marítimo desta localidade. O asentamento, de Caldoval, que ocupa uns douscentos metros cadrados, será trasladado ao novo centro, para o que o Concello deberá autorizar a construcción dunha nova estrada.

Máis información en Diario de Ferrol

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mugardos, Ferrol, Arqueoloxía

Claves

Conceptos
Lugares