Ponse en marcha a musealización dos restos romanos de Caldoval

Reganosa achegará 1,2 millóns de euros ao proxecto

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Os restos romanos que apareceron en Caldoval (Mugardos) durante a construción da planta gaseira de Reganosa serán finalmente musealizados máis seis anos despois do seu achado. Esta mañá asínase un acordo entre esta empresa, o concello e mais a Consellaría de Cultura polo que se acorda que a primeira achega de 1,2 millóns de euros á construción do museo, o segundo achega o terreo e Cultura garante as condicións do futuro centro. Reganosa correrá tamén cos custos do concurso para o deseño do museo, que deberá acoller as edificacións que apareceran no actual recinto da planta regasificadora e que agardan aínda o seu traslado á nova ubicación.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mugardos

Claves

Lugares