Anúncianse as obras do Museo da Historia de Pontevedra

O proxecto precisa aínda 2,6 millóns de euros de financiamento

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Concello de Pontevedra anunciou onte que abre a licitación para iniciar as obras do futuro Museo da Cidade. Esta primeira actuaciónn, que está orzamentada en 715.000 euros, comezará cando aínda non hai fondos asignados para os 2,6 millóns que custará tan só a primeira fase das actuacións. Coa aprobación desta licitación garántese que nos orzamentos do vindeiro ano teña que existir unha partida para este proxecto, aínda que o actual goberno anunciou a súa intención de que os fondos proveñan do 1% de investimento cultural que realiza o Ministerio de Fomento. A actuación licitada pretende construír un muro de protección arredor dos restos arqueolóxicos localizados onda a Ponte do Burgo, que serán o eixe do proxecto. O proxecto deberá continuar en posteriores fases cun orzamento estimado de 8 millóns de euros.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ministerio de Fomento, Concello de Pontevedra