Coa licitación do contrato para elaborar o proxecto de actuación o Ministerio de Transporte iniciou este 7 de agosto a rehabilitación da sede da Real Academia Galega. O estudio Moure e Pascual será responsable de elaborar o proxecto de execución, os estudos históricos e a dirección da obra dunha iniciativa cun orzamento estimado de 2 millóns de euros. A elaboración do proxecto, dotada con 168.528 euros, desenvolverase ao longo de seis meses e abordará a rehabilitación integral do edificio, que acolle tamén a casa museo Pardo Bazán. Para alén de resolver as patoloxÃas construtivas do inmoble realizaranse traballos de "restauración, modernización, nova distribución e adaptación á normativa". O investimento executarase con cargo aos fondos do 1,5% cultural. O convenio entre a RAG e o Ministerio para esta actuación asinárase xa en 2015, cun orzamento estimado naquel momento de 1,5 millóns de euros.