O presidente da Real Academia Galega, VÃctor F. Freixanes, e o arquitecto Gonzalo Moure presentaron esta mañá o proxecto de rehabilitación integral que se está a executar no número 11 da rúa Tabernas da Coruña sede da institución. Segundo o avanzado hoxe, Gonzalo Moure incidiu en que concibiu a actuación partindo dunha mirada ao pasado dende o respecto ao patrimonio recibido, tendo en conta -explicou- a contorna privilexiada na que se atopa -a cidade vella herculina-, e facendo tamén do pazo brasonado do s. XVIII un espazo "que se poida vivir de diferentes maneiras". O presidente da academia tamén sinalou a idea de conxugar o respecto ao pasado e ao patrimonio dando resposta ás demandas e as necesidades do século XXI. A Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo do Ministerio de Fomento prevé un investimento de 2,58 millóns de euros na execución do proxecto presentado polo estudio de Moure baixo o tÃtulo 'Limiar, entreluces e ceo', adxudicado a Extracto S.A. Misturas.
A rehabilitación en marcha será a segunda integral á que se somete o vello edificio como sede da RAG. A primeira executouse nos anos 70 do século pasado, tras recibir a institución o inmoble en doazón por parte das herdeiras de Emilia Pardo Bazán. Aquela fora deseñada polo arquitecto Andrés Fernández-Albalat e implicou tamén unha intervención integral debido ao estado no que se atopaba a casa, pero por mor das carencias económicas non puido levarse a cabo coas calidades desexadas nin abranguer todo o que se pretendÃa.
O proxecto: Limiar, entreluces e ceo
"Cando traballas con patrimonio cómpre decidir que parte del ten que ser transmitido á seguinte xeración, entendendo por patrimonio non só o edificio sobre o que se actúa senón, neste caso, toda a cidade vella da Coruña, o patrimonio ambiental que esta constitúe", explicou Gonzalo Moure. Tendo isto en conta, a planta baixa da RAG seguirá acubillando o salón de actos da Real Academia Galega con paredes de vidro e aceiro branco, pero experimentará unha modificación substancial para se converter nun espazo de tránsito entre as dúas rúas de pedra ás que se asoma o edificio. Haberá asà unha conexión clara entre a rúa Tabernas, dende a que se accederá ao propio auditorio, coa rúa do Parrote, que será a que se empregue en diante para acceder ás demais dependencias da RAG. Nesta nova entrada pública abrirase unha escaleira que, seguindo o exemplo próximo do Museo de Arte Sacra, se asomará á igrexa de Santiago. O diálogo visual, destaca o arquitecto, permitirá valorar mellor tanto o templo románico coma a propia sede da RAG.
O primeiro andar seguirá acubillando a Casa-Museo Emilia Pardo Bazán e ata el baixará o patio interior, que agora remata no segundo, con grandes fiestras de madeira branca dende o teito ao chan. Unha metáfora da galerÃa galega, define Gonzalo Moure, que creará unha "atmosfera totalmente diferente, con máis luminosidade e á procura do ceo". No segundo andar realizarase unha redistribución dos despachos da presidencia, da secretarÃa da RAG e de parte dos postos de traballo. O terceiro andar cambiará tamén por completo a súa distribución para acoller o arquivo, os despachos do persoal de biblioteca, hemeroteca e arquivo, e mais dous espazos para as consultas dos usuarios, un deles unha sala máis ampla que poderá funcionar tamén como sala de reunións para os plenos da RAG. As entreplantas do cuarto e do quinto andar dedicaranse ao depósito museÃstico e parte dos fondos bibliográficos, cuxo groso continuarán no soto, entre outros usos.
A biblioteca da RAG acubilla máis de 60.000 volumes monográficos e 3.000 tÃtulos de publicacións periódicas relacionados con Galicia que fan dela un centro de consulta obrigada para a comunidade investigadora da cultura galega. Canto ao arquivo, consta de máis de 30.000 documentos en papel e unhas 100.000 fotografÃas que o converten tamén nun referente entre os arquivos galegos. É parte ademais da Academia a casa-museo da escritora Emilia Pardo Bazán, de quen se conserva o seu arquivo persoal e boa parte da biblioteca que fora construÃndo ao longo da súa vida. Mentres duran as obras, a Real Academia Galega segue atendendo dende Pocomaco as demandas dos usuarios a través de consultas telemáticas e mantén as reunións periódicas das súas seccións e seminarios, recordou o presidente.