Localizan un dos textos en galego máis longos dos Séculos Escuros

Son 500 versos contra o cura de Fruíme

17/7/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: lingualiteratura
27 lecturas | Compartido 0 veces
Non é habitual atopar textos en galego durante os coñecidos como Séculos Escuros (XVI-XVIII), e aínda menos frecuente que sexan da extensión do que acaba de publicar o profesor da Universidade de Vigo Xosé A. Fernández Salgado. Nada menos que 50 décimas ou cincuenta versos, escritas por un redactor anónimo contra Diego Zernadas, o cura de Fruíme, un dos principais literatos da Ilustración galega. Segundo Fernández Salgado, este é o segundo texto máis longo en galego da época, despois das Coplas do Padre Sarmiento, e revelan que "nel emprégase un rexistro lingüístico culto e semella que hai neste tempo unha escrita en galego, aínda que moitos deses textos non chegan a imprimirse". Fernández Salgado preparou unha edición con aparato crítico e notas que acaba de ser publicada por Laiovento.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Protagonistas
Lugares