Unha nova publicación do Consello da Cultura bota luz nos Séculos Escuros

Calen barbas, falen cartas está dispoñible no web da institución

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Unha nova publicación do Consello da Cultura bota luz nos Séculos Escuros

O Consello da Cultura acaba de presentar no seu web a obra Calen barbas, falen cartas. A escrita en galego na Idade Moderna. O volume coordinado por Rosario Álvarez e Ernesto González Seoane achega un repaso pola investigación máis recente sobre os Séculos Escuros canda á edición de textos xa coñecidos con criterios sistemáticos da man de de Henrique Monteagudo, Pegerto Saavedra e Concha Varela entre moitos outros e mais os traballos do simposio desenvolvido en 2017 no propio Consello co mesmo título da obra. O proxecto, en palabras de González Seoane "contribúe a que os Séculos Escuros sexan algo menos escuros".

Nos seus contidos, abórdanse "catro visións panorámicas complementarias sobre o período, desde o punto de vista da historia política e social, da sociolingüística, da lingüística histórica e da cultura libreira". Ademais, amosa diferentes "ferramentas tecnolóxicas para a creación e explotación de corpus históricos e varios proxectos de referencia, desenvolvidos no ámbito ibérico, que combinan a edición e visibilización de textos históricos coa súa explotación como corpus lingüísticos". Isto complétase con "diversas contribucións con presentación e análise de obras ata agora descoñecidas ou que se daban por perdidas", segundo sinala a institución no seu web.

Que che parece esta nova?
89 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O manuscrito atopado

O manuscrito atopado

A Historia da Santa Igrexa de Iria amósanos a presenza do galego nos Séculos Escuros

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pegerto Saavedra, Rosario Álvarez, Henrique Monteagudo, Ernesto González Seoane...