A Crónica de Santa MarÃa de Iria é un manuscrito medieval que dá conta da historia do fenómeno xacobeo desde o trasalado dos restos do apóstolo. Hai cousa mais dun ano, apareceu na Biblioteca Nacional unha curiosa versión desta obra, unha copia realizada no século XVIII por un galego. Este achado permitirá coñecer mellor o galego dos Séculos Escuros ao tempo que pón de relevo os conflitos da sé compostelá da época.
Camiño Noia é, canda a Bieito Arias, a responsable da edición da Historia da Santa Igrexa de Iria, que publicou recentemente a Universidade de Vigo. O libro do que falamos é unha copia do século XVIII dun manuscrito medieval escrito orixinalmente en galego. O autor desta copia, Pedro de Otero Romero y Torres, comezou en 1713 un traballo de transcrición no que respectou a lingua orixinal. “Está copiado dun texto medival, e conserva moitas das abreviaturas, palabras e estruturas propias desta época”, canda as que se mesturan elementos do galego do século XVIII. “O galego de entón ra moi semellante ao de hoxe, aÃnda que atopamos algunhas palabras que descoñeciamos e que se perderon. Polo demais é moi común co que se fala hoxe, aÃnda que a ortografÃa muda moito. Está escrito Galicia ou Galizia, os b e o v tamén varÃan. Falta investigación, pero pensamos que o texto é tan hÃbrido que non se sabe o que é daquela época e o que facÃa tentando imitar a lingua da Idade Media”.
A historia
A obra agora publicada, ao igual que as outras copias conservadas, comeza cando se descubre o corpo do apóstolo e explica a construción da Catedral de Iria, os diferentes bispos, guerras e loitas que se deron e mais o traslado dos restos a Santiago, continuando despois coa historia desta cidade. “Segue moito a historiografÃa da época, desde unha perspectiva galeguista. Na obra os galegos eran os mellores, os máis guerreiros e os máis honestos fronte aos demais. Isto é tÃpico da época, e a obra buscaba lexitimar o posicionamento de Galicia”. Esta parte, copiada do manuscrito orixinal, chega ata 1455. A partir de entón, o autor continúa a historia de Santiago e de España e ata o reinado de Felipe V, completando tanto o texto orixinal como as súas achegas con abondosas notas, nada menos que 511, nas que cita diferentes fontes historiográficas e explica diferentes cuestións.
A defensa de Santiago
A pregunta inmediata que xorde é qué interese podÃa ter este personaxe en se pór a transcribir textos medievais. “É unha incógnita que non temos resolta. O autor di que o fai para editala. Pode ser que naquel momento houbese algún movemento de protesta contra os votos, o tributo que as dióceses lle tiñan que dar a Compostela polo feito ser Santiago patrón de España”, explica Noia. “Este tipo de movementos déronse periodicamente, con reivindicacións de San Xosé ou Santa Teresa como patrón. En cada un destes casos os cabaleiros de Santiago unÃanse para defender eses votos. O propio volume inclúe un manifesto de Quevedo a defender isto no século XVII”. Segundo os autores da nova edición da Historia, “é posible que alguén lle encargase a Otero que fixese unha crónica boa e ben argumentada, que fundamentase a importancia histórica de Compostela”. Precisamente a intención reivindicativa explicarÃa que Otero conservase a lingua orixinal ao transcribir a historia. “Naquel momento a lingua da escrita xa era o castelán, pero mantén a lingua do paÃs, supomos que para asentar a lexitimidade de Crónica. Con isto amosa que é unha copia dun texto medieval e retrotrae a entón tamén a lexitimidade de Compostela, amosa a importancia que tiña xa desde aquela” lembra Noia. Debemos pensar que todas as notas que o autor engadiu ao texto están en castelán, asà como toda a parte na que segue a historia de España.
O achado
A aparición deste manuscrito foi totalmente fortuÃta. O profesor Manuel Cadelas estaba a documentarse sobre Quevedo cando no medio dun volume totalmente en castelán atopou textos en galego. “Fomo mirar e atopamos que era unha Historia de Iria, e bastante estensa, e a partir de aà puxémonos a transcribila”. Tan estensa resulta, que é a mais ampla das copias que se conservan, e permiten establecer unha nova xenealoxÃa entre estes manuscritos. “Hai moitas semellanzas pero tamén hai diferenzas, e parágrafos enteiros que están nesta versión non se conservan noutras”. En canto á orixe da obra, “o propio autor di na primeira nota que foi a Padrón e no arquivo secular déronlle dous manuscritos da Crónica, da que el escolleu o que lle pareceu máis completo e digno de ser copiado”. De feito, ao cotexar as diferentes copias que se conservan desta obra, os investigadores concluÃron que tanto a transcrita por Pedro de Otero como aquela que se conserva na Catedral de Santiago e que debemos á man de Rui Vasques, alá por 1468, parten con toda probabilidade un manuscrito anterior, agora perdido. “Esta historia está copiada dun texto anterior á de Vasques. Hai outra copia que está na Biblioteca Vaticana con data de 1444, pero trátase na realdiade dun falso cronicón feito no século XVII”.
O autor
En canto ao autor, Camiño Noia recoñece que “sabemos pouco del”, aÃnda que van aparecendo achados que axudan a completar un pouco a súa biografÃa. “Semella que é de Vilanova de Arousa, el na Historia di que é do Condado de Luparia, un nome mÃtico que abranguerÃa practicamente de Cambados a Padrón. Logo descubrimos que estudou en Santiago, onde figura matriculado como Pedro de Otero PadÃn Torres, e en 175 sabemos que exercÃa de avogado e que lle solicitou ao Rei que lle permitise exercer nos Reais Consellos”, lembra esta investigadora. Está previsto que o texto chegue as librarÃas este outono, e é de agardar que o estudo polo miúdo nos achegue nova información sobre a nosa lingua e o noso pasado.