
En 'Maxina', seguindo moldes da novela folletÃn da época, cóntase a tormentosa e desgraciada historia de Otilia de Sancti-Petri, unha moza da burguesÃa compostelá que é violada nun baile de máscaras, a consecuencia do cal nacerá unha nena que chamarán Maxina. Co fin de preservar a honra da nai, a nena será dada ao hospicio, e logo recollida e criada polos labregos Inés e Caitán, xunto ao seu medio irmán Ermelio, afillado de Salvio, o señorito de Rebordán, namorado e pretendente de Otilia. O azar folletinesco acabará permitindo coñecer a orixe de Maxina, descubrir o autor da violación, proclamar a inocencia de Otilia e saber do futuro de Maxina, localizándose a acción entre 1850 e 1868 nas, para o autor, queridas paisaxes da Ulla. Segundo explica o prólogo, "Valladares parece que sentiu chegado o tempo de acometer un xénero daquela aÃnda inexplorado en galego, e fÃxoo aguilloado polo contexto literario propicio, preparado no lingüÃstico logo da recollida folclórica e lexicográfica e cunha certa experiencia como narrador en castelán, pois xa daquela tiña escritas as novelas Flora (1857) e Asela (1867), aÃnda hoxe inéditas", escribe Fernández Salgado.