A Casa de Rosalía renova o seu discurso museográfico

As obras atinxiron á mellora do edificio e á transformación do seu relato

14/7/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Fundación Rosalía de Castro presentará este sábado 15 de xullo a renovación das súas instalacións e do discurso museográfico da casa-museo, coincidindo co 132 aniversario da súa morte. O novo relato de Rosalía de Castro, o seu mundo e a súa relevancia para a cultura galega, foi deseñado por Pepe Barro, e supón unha transformación notable co concepto ata o momento do edificio. Ademáis, o proxecto contemplou melloras estruturais destinadas a mellorar a iluminación, o confort térmico e o control de axentes ambientais que poden danar as pezas. A cita é ás 19.30 horas na Casa da Matanza (Padrón), e comezará cunha visita guiada de Pepe Barro seguida dun acto institucional.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Pepe Barro, Casa de Rosalía, Morte...