A Fundación Rosalía procura financiamento para renovar a proposta expositiva da Casa Museo

A entidade volveu abrir as súas portas tras varias reparacións estruturais

8/1/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Fundación Rosalía de Castro acolleu onte unha visita de Xesús Vázquez, conselleiro de Cultura, destinada a visitar as obras de acondicionamento da emblemática casa museo da autora. Segundo a Fundación, "trátase dun investimento e dunhas obras necesarias para poder acometer posteriormente a reforma do perfil museolóxico da Casa-Museo e dotala de infraestrutura para a incorporación de novas tecnoloxías audiovisuais e novos servizos para os e as visitantes". A Fundación conta cun proxecto museográfico que cambiará o discurso do centro sobre a autora e agora mesmo "está inmersa na procura de
financiamento para levar adiante o novo proxecto".

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xesús Vázquez, Rosalía de Castro, Fundación Rosalía de Castro, Museos