O vindeiro 15 de xullo cúmprense 50 anos da apertura da Casa-Museo de Rosalía de Castro en Padrón e a Fundación Rosalía prepara un ano de actividades e celebracións variadas que botan a andar coa estrea da visita virtual á Casa-Museo, a primeira Casa-Museo de Galicia que se dota dun percorrido inmersivo plurilingüe. A visita virtual, que xa está operativa na páxina web da Casa de Rosalía pode realizarse en catro linguas: galego, español, francés e inglés. A través dela calquera persoa pode visitar a Casa-Museo e a Horta de Rosalía en 3D, con información ampliada en case 40 puntos. Alén da visita virtual, nas vindeiras semanas e meses sucederanse múltiples actividades relacionadas co aniversario.
Programa anual de actividades
A Casa da Matanza abriu ao público o 15 de xullo de 1971, pero non foi ata o ano seguinte cando sería musealizada a partir do proxecto realizado por Xosé Filgueira Valverde. É por iso que as celebracións e actividades deste 50 aniversario durarán un ano, de xullo de 2021 a xullo de 2022.O propio 15 de xullo celebrarase un acto institucional na Casa da Matanza, que incluirá un recital poético, a actuación musical de Eliseu Mera e Cándido Cabaleiro e a entrega da Rosa de Galicia. E o sábado 17 de xullo celebrarase a terceira edición do festival Abride a Fiestra, con actuacións de Uxía, Verto ou Berlai, entre moitas outras actividades. Tamén se celebrarán nos vindeiros días as xornadas Rosalía en Camiño (Diálogos literarios multilingües, do 15 ao 17 de xullo) e a Inchadiña Branca Vela -homenaxe a Rosalía das xentes do mar- o 24 de xullo. Con motivo deste cincuentenario tamén haberá unha exposición itinerante sobre a historia desta institución e reformarase o auditorio da Casa-Museo.
50 anos de historia
A historia da Casa de Rosalía é a historia dun logro colectivo. Pouco despois da morte de Rosalía a casa da Matanza fica baldeira. Despois de varios intentos, é mercada en 1946 por Xosé Villar Granjel e Xosé Mosquera. O Patronato Rosalía, creado en 1947, acabou sendo refuxio do galeguismo, con actos, como a Misa de Rosalía en Bonaval, que eran auténticos encontros de afirmación galeguista. Ata 1951 non se realizou a primeira restauración, segundo planos de Gómez Román. Pero foi a partir da presidencia de Sixto Seco cando en 1971, baixo a dirección de Fernández-Albalat, cando se puido inaugurar como Casa-Museo o 15 de xullo dese ano. A Casa da Matanza converteuse en Casa-Museo en pleno franquismo grazas á implicación de milleiros de persoas e entidades de todo o país e da emigración. Foi partir da proposta do coreógrafo e bailarín José Manuel Rey de Viana, realizada durante o Pedrón de Ouro de 1970, que se iniciou unha campaña na que participaron centos de persoas, de xeito particular e ás veces anónimo, organizáronse colectas en moitas vilas e en case todos os centros galegos na emigración, uníronse máis de 60 concellos, varios bancos, a Federación de Caixas de Aforros, o Celta de Vigo, a Federación Galega de Ciclismo e innumerables asociacións de todo o país. Ao final, colleitouse un total de 994.043 pesetas en 1971.