A Xunta cataloga como monumento a antiga fábrica de electricidade da Ponte Nova

Foi construída a finais do XIX en Betanzos

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Xunta de Galicia iniciou os trámites para a declaración como monumento -unha figura de protección da lei do patrimonio cultural de Galicia- a fábrica de electricidade de A Ponte Nova (Betanzos), "unha das primeiras instalacións deste tipo imprantadas nas cidades galegas" e que é "unha obra representativa da primeira arquitectura industrial". Aínda que non está acreditada, a súa estética fai pensar que foi deseñada polo enxeñeiro López-Cortón na súa primeira fase de 1895 e por Rafael González-Villar na súa segunda fase na década de 1910. Segundo a Xunta, "as instalacións representan unha mestura de estilos artísticos, xa que cada volume responde a unha estética particular. Así, a nave da fábrica de electricidade ten unha estética industrial; o engadido administrativo responde a un estilo ecléctico-modernista; e o resto dos edificios teñen un carácter tradicional ou popular".

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Betanzos, Lei do Patrimonio Cultural, Arquitectura, Xunta de Galicia