“Este museo vai encamiñado a concienciar aos rapaces de que a enerxÃa se esgota e de que todo o noso mundo xira ao redor dela”, afirma Xan GarcÃa, secretario da Asociación Neria, que promove o turismo na Costa da Morte. Neria conseguiu 220.000 euros dos fondos Leader Plus cos que acondicionou a “fabrica vella”, a nave industrial máis antiga da explotación hidroeléctrica do rÃo Ézaro, no Pindo. “O obxectivo”, indica GarcÃa, “é que os alumnos vexan a evolución da electricidade desde o 1903, cando se instalaron as primeiras máquinas, ata o 2003, que foi a última que se instalou nesta nave”. O Museo ten, polo tanto, unha finalidade didáctica, aÃnda que tamén está dirixido aos turistas e conta cun horario de apertura ao público (de 11 a 14 h. e de 15 h. ata as 21 h.). Entre os proxectos inmediatos do Museo está a contratación de persoal que documente as pezas e, posteriormente, guÃe aos visitantes durante a visita e o acondicionamento dalgunhas áreas con máis pezas e maquinaria das instalacións vellas da empresa Ferroatlántica, que é a titular da explotación hidroeléctica do RÃo Ézaro.