Quiosco: Erregueté 91

A Revista Galega de Teatro saca o seu número de verán

| Santiago. Redacción | Seccións: TeatroComunicación
Compartir:
Capa do número 91 de Erregueté

Capa do número 91 de Erregueté

Co verán chega o número 91 da Revista Galega de Teatro. Coa atención posta na última edición do Galicia Escena Pro, a erregueté 91 inclúe desde a sección TEMAS unha reflexión en conxunto sobre esta cita destacada das artes escénicas desde a mirada de diferentes profesionais da produción, a programación e a distribución.
De igual xeito, o segundo número do ano da Revista repasa tamén feitos relevantes da primavera como os Premios María Casares ou a décima edición do Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico e inclúe unha entrevista con Eduardo Alonso, gañador do Premio de Honra Marisa Soto deste ano e fundador de Teatro do Noroeste, que celebra o seu trinta aniversario.
Entre as seccións habituais da Erregueté, podemos atopar un novo Pre-Texto do proxecto TRCDanza ou descubrir o papel do teatro comunitario como estratexia para a creación de público nunha sala de teatro (Escena Aberta).
No apartado de creación a revista presenta o texto Os cans non comprenden a Kandinsky de AveLina Pérez. A erregueté estará presente na Mostra Internacional de Teatro de Cangas. Este número presentarase alí o venres 7 de xullo, ás 20.00 horas na Capela do Hospital cun diálogo aberto entre as últimas autoras editadas, AveLina Pérez (Os cans non comprenden a Kandinsky) e María Armesto (Winnie son eu).

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Quiosco: Erregueté 105

Quiosco: Erregueté 105

A Revista Galega de Teatro presentou o seu número semestral e o cuarto volume de dramaturxias

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Erregueté, Revista Galega de Teatro, Cans...