Quiosco: RGT / Erreguete Nº87

A Revista Galega de Teatro presenta hoxe a súa fonda renovación

17/11/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: TeatroComunicación
26 lecturas | Compartido 0 veces

Capa do Erreguete 87

Co seu número 87 a Revista Galega de Teatro estrea equipo, deseño e nome sen renunciar á esencia dun proxecto que naceu hai máis de trinta anos. Así, a RGT transformada en Erregueté mantén as súas seccións habituais recuperando a sección de Banda Deseñada con A Pataca Quente de Rubina Kenéve e incorporando un novo espazo de creación baixo o nome de "Ruxerruxe". Dedicado o número á Dramaturxia Galega, entre os contidos destacados deste número 87 atópanse a entrevista co director teatral Oskaras Korsunovas e a edición en galego de A obediencia da muller do pastor, de Sergio Martínez Vila, gañador do XL Premi Born de Teatre. A RGT é unha publicación trimestral dedicada á difusión das artes escénicas e está editada pola Asociación Cultural Entre Bambalinas.
O acto de presentación do novo número terá lugar hoxe xoves ás 20.30 horas na Sala Ártika de Vigo. O evento contará coa intervención do novo equipo de dirección, formado por Vanesa Sotelo (Directora), Manuel Xestoso (Subdirector) e Roberto Pascual (Secretario), xunto coa presenza de Antón Lamapereira, Presidente do Consello Editorial da publicación, e do Deputado Provincial de Cultura, Xosé Leal. A creadora María Roja completa o programa da presentación coa intervención Facerse a morta no medio do corredor. Ao finalizar, servirase un viño para brindar pola ocasión acompañado por unha actuación musical sorpresa.

Universo culturagalega.gal

11/07/2023

Quiosco: Erregueté 105

A Revista Galega de Teatro presentou o seu número semestral e o cuarto volume de dramaturxias

24/04/2019

QUIOSCO: Erregueté Nº 96

A última entrega trimestral da Revista Galega de Teatro céntrase no circo e a dramaturxia contemporánea