QUIOSCO: Erregueté Nº 96

A última entrega trimestral da Revista Galega de Teatro céntrase no circo e a dramaturxia contemporánea

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
QUIOSCO: Erregueté Nº 96

O circo e a dramaturxia contemporánea son os dous grandes eixos sobre os que se constrúe o número 96 de Erregueté. Revista galega de Teatro, a gran referencia informativa sobre o mundo da escena teatral no noso país. Entre outros moitos contidos, a revista editada pola Asociación Cultura Entre Bambalinas e dirixida por Vanesa Sotelo ofrece un percorrido por algún dos nomes imprescindibles no mapa do circo en Galicia. Ademais, no apartado de TEXTOS presentan dous novos títulos publicados na súa integridade : Habitada, unha peza en portugués de Olivia Pena. A entrevista a fondo faise ao veterano actor Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán”, da compañía Tanxarina. A sección PROSCENIO centra o seu foco na loita das ensinanzas superiores de arte dramática pola súa dignificación e equiparación universitaria. Ademais da revista trimestral en formato papel de 110 páxinas que está á venda por 7 euros baixo subscrición, Erregueté mantén un constante fluxo de noticias sobre o sector teatral e escénico a través da súa páxina web.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Quiosco: Erregueté 105

Quiosco: Erregueté 105

A Revista Galega de Teatro presentou o seu número semestral e o cuarto volume de dramaturxias

Quiosco: Erregueté nº. 98

Quiosco: Erregueté nº. 98

A Revista Galega de Teatro reduce de catro a dúas as edicións anuais en papel ante a falta de apoios

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Erregueté, Teatro, Revista Galega de Teatro, Portugués...