Quiosco: Erregueté nº. 98

A Revista Galega de Teatro reduce de catro a dúas as edicións anuais en papel ante a falta de apoios

9/1/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: QuioscoTeatrodanzaEspectáculosSociedadeComunicación
34 lecturas | Compartido 0 veces

A Erregueté – Revista Galega de Teatro entra no 2020 presentando un novo número en papel, o 98, pero afogada economicamente, o que leva aos seus impresores, a Asociación Cultural Entre Bambalinas, a decidir reducir de catro a dúas o número de edición anuais. No editorial deste número a directora da publicación, Vanesa Sotelo, desenvolve a situación de urxencia pola que pasa esta publicación veterana e única no seu xénero, que ademais ten unha ampla actividade informativa en Internet na publicación dixital. "Despois de 36 anos de historia, as axudas para facer posible a súa continuidade en papel diminúen en sentido inversamente proporcional aos proxectos que emprende e os esforzos altruístas que diariamente inviste para desenvolvelos", asegura Sotelo no seu editorial O camiño da extinción, no que se fai unha chamada de atención para manter este medio impulsado por unha base de colaboración e que se ve afectada pola retirada de apoios económicos institucionais. A nova periodicidade inclúe xa dous textos de creación en cada número co obxecto de asegurar a saída de catro títulos cada ano, como se viña facendo e "manter a aposta co compromiso na difusión da dramaturxia contemporánea e da tradución ao galego de novas pezas", escribe Sotelo.

O número 98, ademais do citado Editorial, inclúe varios artigos arredor do tema ; a desaparición do Museo Galego da Marioneta; a situación do FITO ante a falta de apoio do Concello de Ourense; varias pezas atendendo a festivais escénicos; entrevistas con Laura Iturralde, Phia Ménard, Suzanne Lebeau, Toni Rumbau, Mireia Teixidó e Merce Ballespí e a El Patio Teatro. Fai comentario de varios espectáculos como Curva España, Anatomía dunha serea, Patapatum e Deixa de tocala Sam. Ademais publica os dous textos Os amantes sobrehumanos, de Ruth Gutiérrez Álvarez e Ubú colonial de Alfred Jarry. Tamén recolle a actualidade de AISGE e cubre varios temas de actualidade sobre a Danza. A revista número 98 xa está dispoñible para os suscriptores.


Do mesmo ámbito

24/04/2019

QUIOSCO: Erregueté Nº 96

A última entrega trimestral da Revista Galega de Teatro céntrase no circo e a dramaturxia contemporánea

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Erregueté, Revista Galega de Teatro, Internet...