O MARCO inaugura a mostra gañadora do Premio de Novos Comisarios

O CGAC inagurou a semana pasada a mostra "Lugar: continxencias de uso"

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Helena Almeida. Sen título, 2010. Fonte: Museo Marco de Vigo

Helena Almeida. Sen título, 2010. Fonte: Museo Marco de Vigo

O MARCO de Vigo inaugurou o venres pasado a exposición "A timidez da copa das árbores", comisariada por Beatriz Alonso (Madrid, 1981). Esta foi a proposta gañadora do último Premio MARCO/FRAC Lorraine/SFKM para novos comisarios 2016, que propón aos participantes a oportunidade de propoñer un proxecto centrado nun tema de investigación persoal. A mostra leva itinerando desde o seu punto de partida no FRAC Lorraine de Metz. O título da exposición alude a un fenómeno botánico no que cada árbore define o límite do seu crecemento a partir da extensión das copas das árbores. Alonso botou man para este proxecto de obras de Lara Almarcegui, Helena Almeida, Kader Attia, Jeremy Deller, Marta Fernández Calvo, Dora García, Jiří Kovanda, Amalia Pica, Rita Ponce de León, Alex Reynolds e Cecilia Vicuña. A mostra pódese visitar ata o 7 de xaneiro de 2017. Por outra banda, o CGAC estreou "Lugar: continxencias de uso", comisariado por Susana González, que amosa obras creadas para espazos concretos do centro por Patricia Esquivias, Luciana Lamothe e Sofía Táboas, e que "teñen como denominador común a promoción de actos que interpelan contornas arquitectónicas concretas". A mostra pódese visitar no centro compostelán ata o 29 de outubro.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con León, Madrid, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)