O MARCO inaugura Formas breves,outras, 25

A exposición que comisaria Anja Isabel Schneider levou o premio para novos comisarios

1/6/2012 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: arte
3 lecturas | Compartido 0 veces
Un convite á reflexión sobre os novos xeitos da lectura a partir da creación artística. Este é o fio de Formas breves,outras, 25, a exposición que inauguraba esta mañá o MARCO de Vigo. O proxecto, comisariado por Anja Isabel Schneider gañara o pasado ano o premio para novos comisarios que convoca este centro co FRAC Lorraine de Metz, Francia. Poemas breves, filmes, rexistros sonos e xogos coa linguaxe fan parte dunha iniciativa que achega o traballo de catorce creadores.
Anna Barham, Nina Beier & Marie Lund, Alejandro Cesarco, Amélie Dubois, Dora García, Fabio Kacero, David Lamelas, Ján Mančuška, Helen Mirra, Claire Morel, Tania Mouraud, Ewa Partum, Charles Sandison son os artistas que achegan obra a unha mostra que pretende ser lida como un libro e que se pode visitar ata o vindeiro 14 de outubro.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

06/06/2012

A arte de ler

O MARCO reflexiona sobre a lectura con Formas breves, outras, 25

Contextos

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares