Abre no MARCO A voz do tradutor

A proposa levou o premio MARCO/FRAC Lorraine/SFKM para novos comisarios.

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Imaxe de English Forecast, 2013. Performance de Nicoline van Harskamp.

Imaxe de English Forecast, 2013. Performance de Nicoline van Harskamp.

O pasado venres inaugurábase no MARCO de Vigo a exposición que resultou gañadora do premio MARCO/FRAC Lorraine/SFKM para novos comisarios. A voz do tradutor propón, da man de Martin Waldmeier, reflexionar sobre o lugar da tradución nos nosos días. A partir da pregunta "Calquera pode ser un tradutor en potencia?" o comisario propón un percorrido polas obras de quince artistas de diferentes xeracións e procedencias. Xu Bing, Sylvie Boisseau & Frank Westermeyer, Erik Bünger, Luis Camnitzer, Esra Ersen, Mladen Stilinović, Jakup Ferri, Rainer Ganahl, Dora García, Joseph Grigely, Nicoline van Harskamp, Susan Hiller, Christoph Keller, Zineb Sedira e Ingrid Wildi Merino participan deste proxecto que se pode ver ata o vindeiro 30 de agosto.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradución, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)

Claves

Conceptos
Lugares