Martin Waldmeier gaña o premio Premio MARCO/FRAC Lorraine/SFKM

A voz do tradutor impúxose entre 118 propostas de máis de 34 países

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O suízo Martin Waldmeier, de 30 anos, acaba de se erguer como vencedor na sexta edición do premio MARCO/FRAC Lorraine/SFKM de novos comisarios. O seu proxecto A voz do tradutor impúxose entre as 118 propostas de máis de 34 países que competían polo galardón. O proxecto "explora a cambiante relación entre linguaxe
e identidade no contexto da globalización" e "reflexiona en que medida a crecente necesidade de traducións en todos os niveis da vida social, económica e cultural, pode ser considerada non só un desafío ou unha ameaza, senón tamén unha fonte de creatividade e experiencia, e ao mesmo tempo lugar de actividade subversiva e crítica".

O xurado estaba composto por Beatrice Josse, directora do FRAC Lorraine, Ingrid Norum, comisaria do SFKM e Iñaki Martínez Antelo, director do MARCO. Os tres centros amosarán nos vindeiros meses o proxecto galardoado.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Identidade, Iñaki Martínez Antelo, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)