Anja Isabel Schneider gaña o Premio para Novos Comisarios do MARCO e o FRAC Lorraine

O seu proxecto "Notas de lectura" explora a noción de lectura e de lector

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O pequeno xurado que conforma o Premio de Novos Comisarios do MARCO e o FRAC Lorraine -está composto polos directores de ambos os dous centros, Iñaki Martínez Antelo, do MARCO, e Beatrice Josse, do FRAC- escolleu entre 117 propostas de comisariado a ofrecida pola crítica e comisaria de arte alemana, residente en Londres, Anja Isabel Schneider. O seu proxecto “Notas de lectura”, que reúne traballos de 14 artistas, toma como punto de partida unha obra do escritor uruguaio Felisberto Hernández (1902-1964), para explorar a noción de lectura e as súas diferentes modalidades, experiencias e estruturasm, prestando atención á relación entre texto e lector. A exposición terá lugar entre xaneiro e abril de 2012 no FRAC Lorraine, e de xuño a setembro de 2012 no MARCO de Vigo.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Iñaki Martínez Antelo, Londres, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)