A Asociación Galega de CarpintarÃa de Riberia (Agalcari) recibirá 28.000 euros mercé ao convenio que asinaba este luns coa ConsellarÃa do Mar. Os fondos, que chegan ao pouco tempo de conseguir a declaración de ben de interese cultural inmaterial para as técnicas tradicionais de construción de embarcacións, destinaranse, segundo a consellarÃa a "eventos promocionais da carpinterÃa de ribeira como seminarios e congresos. Tamén na realización de estudos e na edición de publicacións sobre esta actividade e na adquisición de equipamento necesario para o funcionamento da asociación ou a realización das actividades". A conselleira Rosa Quintana destacou que con este apoio procurase "promover o dinamismo e a innovación no sector, asà como manter viva a tradición da construción de embarcacións en madeira".