O Día dos Arquivos enche os centros galegos de actividades

Visitas guiadas, exposicións e dixitalizacións centran as actividades

| Santiago. Redacción | Seccións: PatrimonioExposicións
Compartir:

Este venres 9 de xuño é o Día Mundial dos Arquivos e numerosos centros de documentación galegos prepararon unha programación especial para celebralo. Deste xeito, a Real Academia Galega dixitalizou a súa importante colección de pergameos. O Arquivo de Galicia preparou a exposición "Vicente Álvarez de Neira, arquiveiro (1717-1784)”, sobre o primeiro arquiveiro do Arquivo Público e Xeral de Galicia, e o arquivo da Catedral de Santiago ofrece visitas guiadas. Desde Vigo, a Fundación Penzol preparou unha exposición sobre documentos de Carlos Casares, incluíndo o mecanoscrito de As laranxas máis laranxas de todas as laranxas. Son algúns exemplos das actividades que realizan moitos destes centros.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Carlos Casares, Catedral, Arquivo de Galicia...