O Arquivo de Galicia homenaxea un arquivista pioneiro cunha exposición

Vicente Álvarez de Neira, arquiveiro (1717-1784) pode verse ata o 7 de sestembro

| Santiago. Redacción | Seccións: HistoriaExposicións
Compartir:
O Arquivo de Galicia homenaxea un arquivista pioneiro cunha exposición

Foi o primeiro arquiveiro do Arquivo Xeral e Público de Galicia. Agora, a coincidir coa celebración o día 9 do día dedicado a estas entidades, o Arquivo de Galicia abriu unha exposición para reivindicar a súa figura. Vicente Álvarez de Neira, arquiveiro (1717-1784) amosa 26 documentos e varios obxectos do homenaxeado, ao tempo que propón un percorrido biográfico pola súa figura "con especial incidencia na súa participación directa nalgúns feitos históricos desde a súa condición de avogado, asesor de varias institucións, tenente de corrixidor da Coruña, deputado e arquiveiro", segundo explica a presentación do proxecto. A exposición poderá verse nas instalacións da Cidade da Cultura ata o vindeiro 7 de setembro.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquivo de Galicia, Cidade da Cultura de Galicia