O Arquivo de Galicia do Gaiás inaugurou onte a exposición 'Olga Gallego no seu centenario (1923-2023)', dedicada con motivo da efeméride á distinguida bibliotecaria e arquiveira, primeira muller en ingresar na Real Academia Galega. A exposición repasa a traxectoria profesional e persoal en diversos eidos de Olga Gallego a través dunha selección de 65 pezas entre documentos textuais, fotografÃas, libros e obxectos. DistribuÃdas en seis vitrinas, o percorrido vai desde a súa época de estudante na que xa mostraba un grande interese pola historia, especialmente no que se refire á súa terra natal, Ourense, ata os seus traballos como bibliotecaria, arquiveira, investigadora ou académica. A totalidade das pezas que compoñen a mostra pertencen ao arquivo e á biblioteca da propia Olga Gallego, que foran doados pola súa irmá Pilar ao Arquivo de Galicia no ano 2012. Grazas a ese material afóndase na figura dunha muller que foi fundamental na arquivÃstica española e iberoamericana no último cuarto do século XX. A mostra pode verse na Cidade da Cultura ata marzo de 2024.
Faise fincapé nesta mostra na súa condición de primeira muller en ingresar na Real Academia Galega. AsÃ, está exposta a publicación 'As barcas e barcos de pasaxe da provincia de Ourense no Antigo Réxime', que foi o tema do seu discurso de ingreso o 15 de novembro de 1986. Tamén se pode observar unha curiosa carta de Antonio Meijide Pardo, académico nese momento (1991), pedÃndolle a Olga Gallego que delegue o seu voto no caso de non poder asistir á reunión do pleno da institución. Será a encargada, ademais, de redactar o opúsculo que a Real Academia dedicou a Xesús Ferro Couselo na celebración do DÃa das Letras Galegas de 1996. Ademais de bibliotecaria e arquiveira (aprobou a oposición ao Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos en 1958), a mostra afonda na súa faceta de historiadora. Abarcou temas moi variados como a historia económica, social, administrativa e cultural de Galicia. Destaca a dedicación a aquelas cuestións relacionadas con Ourense e a monografÃa titulada 'Historia da muller: mulleres ourensás dos séculos XIV-XVIII (2008)'. ExhÃbese tamén, entre outras pezas, un bosquexo coa localización das fortalezas da provincia de Ourense ao que acompañan diversas fotografÃas de traballo de campo