Con motivo da celebración do Día Internacional dos Arquivos, o vindeiro 9 de xuño, a Consellaría de Cultura preparou unha serie de actividades para dar a coñecer a actividade deses espazos. Visitas guiadas por varios dos máis importantes arquivos do noso país supoñen o groso dun programa que inclúe tamén a exposición de fondos específicos. Ademais, para conmemorar a data, a Xunta realizou a tradución para o galego da Declaración Universal sobre os Arquivos, que se poderá consultar no web do Consello Internacional de Arquivos.
VISITAS COORDINADAS POLA CONSELLARÍA DE CULTURA CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DOS ARQUIVOS
Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura: Visitas guiadas de 8,30 a 14,30 horas.
Arquivo Histórico Provincial de Ourense: Visitas ás 12,30 e ás 18,30 horas.
Arquivo Diocesano de Ourense: Visitas ás 10,00 e ás 13,00 horas, máximo de 10 persoas por grupo.
Arquivo do Reino de Galicia (A Coruña): Visitas ás 9,30, 12,30 e 18,00 horas.
Real Academia Galega (A Coruña): Visitas ás 10,00, 11,00 e 12 horas, máximo de 10 persoas por grupo.
Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra: Visitas, ás 10,30 e ás 12,30 horas, máximo de 15 persoas por grupo.
Arquivo Histórico Provincial de Lugo: Visitas guiadas ao centro en xornada de mañá e de tarde.
Arquivo Territorial da Xunta de Galicia (Lugo): Visitas ás 9,00 e ás 13,00 horas.
Arquivo Municipal de Narón: vista guiada
Fundación 10 de marzo: (Santiago): Visitas guiadas ás 10,00 e ás 13,00 horas, máximo de 10 persoas por grupo.