O modelo educativo en tres linguas (galego, castelán e inglés) que no seu dÃa estableceu o polémico Decreto para o plurilingüÃsmo no ensino estenderase ata 2020 aos centros de Ensino Primario e de Formación Profesional de Galicia. Asà o acordou onte o Consello da Xunta, que aprobou un investimento de 70 millóns de euros para implementar unha mudanza que chegará asà á totalidade dos centros de ensino do paÃs. Segundo sinalou o presidente Alberte Núñez Feijóo, o obxectivo desta medida é que o 30% dos estudantes de ESO certifiquen un nivel B1 e que o 30% dos que rematen o bacharelato de excelencia certifiquen un B2. Con este modelo, a terceira parte das horas docente impartiranse en inglés, outro terzo en castelán e un terzo en galego. A aprobación do Decreto para o plurilingüÃsmo fora amplamente contestado pola sociedade galega por limitar o máximo de horas que se poden impartir na nosa lingua e eliminala de determinadas materias de ciencias.