O borrador do decreto do galego asigna un tercio das materias a cada idioma

Confírmase que en infantil as clases daranse no idioma que seleccionen os pais

30/12/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A última hora da tarde a Xunta presentou o borrador do decreto do "plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia". Confírmanse as filtracións dos últimos días. No ensino infantil, o "profesorado usará na aula a lingua predominante entre o alumnado e coidará que adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento da outra lingua oficial de Galicia", sinala o borrador. Tamén o borrador do decreto establece que a oferta de materias en Educación primaria, ESO e Bacharelato "un terzo das horas semanais se oferte en galego e outro terzo en castelán, e prevese que o terzo restante se poida impartir en lingua(s) estranxeira(s)". Nesta noticia poden descargar copia do borrador.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con ESO, Ensino, Bacharelato, Educación...