O idioma das aulas seleccionarase por votación, segundo El País

Queremos galego convoca unha protesta a coincidir coa presentación do novo decreto do galego no Ensino

29/12/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O xornal El País adianta hoxe nun artigo que os pais dos alumnos de educación infantil seleccionarán seleccionarán o idioma preferente de cada aula entre castelán e galego. O medio sinala asimesmo, a citar "fontes gubernamentais", que o vindeiro decreto sobre o galego no ensino prevé tamén garantir a presenza da lingua menos apoiada das dúas. Perante a presentación do borrador do novo texto, prevista para a tarde de maña, a plataforma Queremos galego convocou unha concentración no Obradoiro ás 17 horas.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con El País, Ensino, Educación Infantil, Educación...