Queremos Galego anuncia novas mobilizacións

Reclama a derrogación do Decreto para o Plurlingüismo e chama a se manifestar o 27 de xaneiro

4/12/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A raíz das recentes sentencias do Tribunal Superior de Xustiza sobre o Decreto para Plurilingüismo, a plataforma Queremos Galego anunciou un novo calendario de mobilizacións. Segundo anunciaban esta mañá representantes do colectivo, unha recollida de sinaturas solicitará apoio a un manifesto que solicita a derrogación inmediata do texto. Ademais, reclámase a implantación dunha nova norma que garanta a presenza do galego en educación infantil e unha presenza mínima do 50% a partir dese ciclo, tal e como prevé o Plan Xeral de Normalización Lingüística.

Para o vindeiro 12 de decembro ás 12 da mañá, a plataforma convoca a unha concentración diante da sede da Xunta de Galicia e para o vindeiro 27 de xaneiro chama a unha manifestación en Compostela.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Normalización Lingüística, Manifesto, Educación, Educación Infantil...